Monday 29 de April de 2024

Carral, escenario da presentación dunha antoloxía polos 25 anos do Premio de Poesía do Concello


· A continuación terá lugar a inauguración do Ciclo de Teatro de Outono coa representación da función Libre coma paxaros.

Carral vivirá, hoxe, unha xornada marcada pola teatro e a poesía. O local Xente Nova de Tabeaio acollerá, ás 19.30 horas, a presentación da antoloxía Constelación de voces. 25 anos do Premio de Poesía Concello de Carral. No evento estarán o alcalde, Javier Gestal, e polo concelleiro de Cultura, Francisco Bello. Na obra recompílase a historia dos vinte e cinco anos de historia do certame carralés. A publicación realizouse a través de edicións Espiral Maior e contou co financiamento da Secretaría xeral Política Lingüística da Xunta de Galicia.

A continuación, ás 20.30 horas, terá lugar a inauguración do Ciclo de Teatro de Outono coa representación de Libre coma os paxaros, da compañía Teatro do Atlántico. Neste caso, trátase dunha peza dirixida ao público adulto onde Rosalía de Castro será a protagonista. A famosa autora dirixirase ao público para compartir as particularidades da súa orixe, do seu pensamento e das súas circunstancias sociais e dos condicionamentos que ten para exercer o seu traballo como poeta e escritora.

O programa teatral desenvolverase nos meses de outubro, novembro e decembro, levando a Carral un total de 11 funcións para veciños e veciñas de todas as idades e de diferentes xéneros.